facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A Consellería de Política Social e AFAs galegas poñen en marcha novos servizos terapéuticos para persoas con alzhéimer

2/3/2017

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou esta mañá nas dependencias de San Caetano o acordo para a contratación, na modalidade de concerto, do servizo específico de estimulación terapéutica para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas en seis concellos galegos. Cinco destes servizos estarán xestionados por asociacións de familiares de persoas con alzhéimer de Galicia pertencentes a FAGAL

O servizo atenderá a 10 novos usuarios e usuarias en cada un dos emprazamentos nos que se localiza e que contará con 45 horas mensuais por usuario, sumando así un máximo de 540 horas anuais. A finalidade destas novas unidades é ampliar a rede de cobertura, facendo especial fincapé na atención cando as persoas presentan os primeiros síntomas de alzhéimer e así poder actuar canto antes e, na medida do posible, previr e retrasar o avance da enfermidade.

Estes servizos de estimulación terapéutica van a poñerse en marcha nas vindeiras semanas na Estrada, a través da Asociación Galega para a axuda dos enfermos con demencia tipo alzhéimer (AGADEA); en Marín, xestionado pola Asociación de Familiares Enfermos de Alzhéimer de Pontevedra (AFAPO); en Tui, ca Asociación de Familiares Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Galicia (AFAGA); en Ourense, xestionada pola Asociación de Familiares Enfermos de Alzhéimer de Ourense (AFAOR); e nas Nogais, a través da Asociación de Familiares de Alzhéimer de Lugo (AFALU).

Rey Varela explicou que o envellecemento e a lonxevidade da poboación na Comunidade Autónoma, que se sitúa por riba da media nacional, motivan a necesidade de seguir desenvolvendo a Estratexia galega para a prevención e a detección precoz da dependencia e de completar a rede de recursos asistenciais para os maiores en situación de dependencia, e máis concretamente as persoas con alzhéimer.

Pola súa banda, o presidente de FAGAL, Juan Carlos Rodríguez, chamou a atención sobre a importancia de actuar na prevención e detección, xa que son nas fases iniciais onde as terapias resultan máis efectivas e onde máis se está a investigar.

Fonte: Xunta de Galicia

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar