facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Derradeiro impulso ó Manual de Traballo Social en alzhéimer e outras demencias de FAGAL

9/2/2017

Hoxe tivo lugar na sede da Federación Alzhéimer Galicia, en Santiago de Compostela, a derradeira xuntanza do Grupo de Traballo de Traballadoras Sociais, formado polas profesionais das diferentes asociacións que conforman a federación. Esta reunión tiña como obxectivo dar o derradeiro impulso para a próxima publicación do manual Traballo Social en alzhéimer e outras demencias, que verá a luz nos vindeiros meses.

O grupo, coordinado pola traballadora social de AFAMO, Romina Ferral, leva traballando dende o pasado ano nun manual que poña en común un modelo de atención para as AFAs galegas no traballo diario das profesionais do traballo social cas persoas afectadas de alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas. Este traballo estará dispoñible na páxina web de FAGAL para a súa descarga, de maneira gratuita, por todas aquelas persoas interesadas.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar