facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Día Internacional das Persoas Coidadoras

5/11/2018

Hoxe, 5 de novembro, conmemórase o Día Internacional das Persoas Coidadoras, un día para recoñecer a importancia do papel e a dedicación que os familiares destinan ás persoas dependentes.

Desde a Federación Alzhéimer Galicia queremos unirnos a esta conmemoración, poñendo en valor o traballo diario que realizan as coidadoras e coidadores de persoas con alzhéimer e outras demencias neurodegenerativas. Nesta data queremos reiterar, como fixemos nos últimos anos, a necesidade do recoñecemento da figura da persoa coidadora e dos seus dereitos, visibilizando o seu labor ante a sociedade.

Para iso, nesta conmemoración debemos reclamar maiores recursos para as persoas coidadoras, tanto para o coidado das persoas dependentes como para o seu autocoidado, evitando así situacións de exclusión social. Neste aspecto, consideramos fundamental facilitar recursos ás/ós excoidadores/ as para evitar este tipo de situacións.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar