facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A Directora Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade visita o centro de día de alzhéimer xestionado por AFALU

16/1/2018

A Directora Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García, realizou onte unha visita ó centro de día de alzhéimer que xestiona AFALU en Lugo. Nesta visita, na que estivo acompañada polo Delegado Territorial da Xunta en Lugo, Jose Manuel Balseiro, e a Xefa Territorial de Política Social, Cristina Abades, fíxose fincapé en que a atención ás persoas maiores e ás persoas con discapacidade é unha prioridade para a Xunta de Galicia.

O centro xestionado por AFALU ofrece diversos programas para garantir o benestar dos usuarios entre os que se atopan o de intervención terapéutica, o de mantemento da saúde, ou o de intervención coas familias entre outros. A finalidade é ofrecer o máximo desenvolvemento da súa autonomía contribuíndo así a mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias, ofrecendo de xeito transversal un servizo de respiro familiar para os coidadores das persoas afectadas por esta enfermidade. Co obxectivo de seguir mantendo este nivel de atención, a Xunta mantén 40 prazas públicas no centro, nas que no 2018 inviste máis de 260.000 euros. Así mesmo, a administración autonómica achega máis de 54.000 euros para o transporte dos usuarios ao centro.

Fonte: Xunta de Galicia

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar