facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Entidades sociais galegas presentan “Rentaterapia”, a campaña a favor de marcar o X Solidario na declaración da renda

7/4/2017
  • Un 33,4% dos contribuíntes non marcan ningún recadro, nin o de Fins Sociais nin o da Igrexa.
  • 7.320 contribuíntes máis que no 2015 marcaron a X Solidaria, ainda así, recadáronse 301.814 € menos.
  • Marcar un recadro non significa que se paguen máis impostos nin que che devolvan menos. Dos impostos que tocan pagar, o Estado permite que a persoa contribuínte decida a quen lle quere destinar o 0,7% dos impostos que ten obriga de pagar.

As entidades do terceiro sector galego, representadas por EAPN-Galicia, CERMI-Galicia e a Coordinadora Galega de ONGD, reuníronse esta mañá en Santiago para facer balance das cifras recadadas o ano pasado en Galicia mediante a asignación do 0’7% do IRPF ao recadro de Fins Sociais (Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social). Na rolda de prensa presentouse tamén a campaña do X Solidario deste ano “RENTATERAPIA”, que informa e anima ás persoas contribuíntes para que marquen o recadro de Fins Sociais á hora de facer a súa declaración da renda.

A vicepresidenta de EAPN-Galicia, Mónica Permuy, abriu o acto explicando que “cando se fai a declaración da renda existen catro posibilidades: marcar o recadro de Fins Sociais, marcar o recadro de Fins Sociais e o da Igrexa Católica, marcar só o cadro da Igrexa Católica ou non marcar ningún recadro. O que pretendemos con esta campaña, é animar á xente a que marque o recadro de “Actividades de interese xeral”, porque non estaremos pagando máis impostos, nin recibiremos menos cartos no caso de devolución: o que faremos será contribuir á organización de programas e proxectos para as persoas en risco de excusión social.”

“Trátase dun dereito que temos: escoller a onde van a parar os nosos impostos.”Lorena Seijo, representante da Coordinadora Galega de ONGD, realizou un balance das cifras recadadas a través do recadro Fins Sociais durante a declaración da renda presentada o ano pasado en Galicia. Seijo apuntou que “un 55% das persoas contribuíntes en Galicia marcaron o recadro de “Actividades de interese social”. Trátase de 7.320 persoas máis que en 2015. Aínda así, temos 560.237 persoas que seguen sen marcar a X Solidaria (un total de 416.104 non marcaron ningún recadro e 144.133 só marcaron o da Igrexa). Se todas as persoas que non marcan nada optaran por participar, recadaríamos en Galicia un total de 25,5 millóns de euros (10,7 millóns máis)”

Pola súa banda, o vicepresidente e tesoureiro do CERMI-Galicia, Elías Palacio Verdini, enumerou os múltiples programas que se veñen beneficiando cada ano grazas á X Solidaria, “cada vez que unha persoa marca a X Solidaria na súa declaración da renda, está a colaborar para que as persoas en situación máis vulnerable poidan ter unha oportunidade de saír adiante. De aí a importancia de campañas coma esta para as nosas entidades.

Neste sentido, Elías Palacio destacou a importancia que as entidades lle otorgan á transparencia nestes datos, “queremos apuntar que existe unha total transparencia por parte das ONG á hora de xestionar os proxectos que se realizan. O diñeiro recadado destínase integramente a proxectos concretos que se presentaron previamente ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e en ningún caso se destina ás estruturas das entidades.”

O vicepresidente do CERMI recalcou para finalizar que “Marcar a X Solidaria non custa nada. Nin pagas máis, nin che devolverán menos, e ademais é importante recalcar que pódense marcar ambos os recadros (o da Igrexa, e o de Fins Sociais) duplicando así a solidariedade: ambas asignacións suman 0,7+0,7= 1,4%”

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar