facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A Escola Municipal de Teatro de Vigo e Afaga presentan a obra de teatro ‘Chamádeme Simbad’

6/5/2019

A Escola Municipal de Teatro de Vigo presentou o pasado luns 29 de abril a obra “Chamádeme Simbad” no Auditorio do Concello de Vigo.
Trátase da adaptación teatral da obra do mesmo título do escritor vigués Francisco Castro. Esta representación xorde dunha iniciativa presentada por Afaga Alzheimer á Concellería de Educación de Vigo.

A Escola Municipal de Teatro de Vigo encargouse de adaptar a novela ao teatro para, meses despois, presentala nos escenarios. O elenco da obra son os alumnos e alumnas da propia escola.
Varios centros de educación primaria da cidade acudiron como público a esta función.

O propósito desta actividade é difundir e sensibilizar sobre a realidade da enfermidade do Alzhéimer, co fin de fomentar as relacións interxeracionais e reforzar os vínculos entre nenos e maiores no ámbito familiar.
Igual que sucede na obra, os nenos, coa súa mirada, entenden cousas que as persoas adultas xa non comprendemos, e dan importancia ao esencial.

Esta obra, como o libro, tenta lembrar a importancia desas relacións especiais entre avós e netos e netas. O seu obxectivo é educar en valores, no respecto as persoas maiores, lonxe de egoísmos, lonxe de problemas, deixando constancia de que o agarimo nas familias, rompe barreiras.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar