facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Estudantes do IES Leixa coñecen o día a día do centro terapéutico de AFAL Ferrolterra

4/12/2018
  • A asociación destaca a estreita relación de colaboración co IES, cuxo alumnado realiza prácticas non laborais nos centros de día de AFAL.

Catorce alumnos e alumnas de segundo curso do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia do IES Leixa coñeceron esta mañá non só as instalacións do Centro de Día Terapéutico da asociación senón tamén o seu día a día a través das terapias de estimulación cognitiva que desenvolve o equipo multidisciplinar. No seu percorrido, estiveron acompañados pola presidenta de AFAL, Ana María López; a secretaria, Susana González; o director de Administración, José María Otero, e a coordinadora de Voluntariado, Silvia Loureiro. Precisamente, a súa visita tivo lugar despois dunha recente charla ofrecida por Loureiro no centro educativo para dar a coñecer o plan de voluntariado da asociación e animar aos estudantes para sumarse a algún dos seus programas.

Nesta liña, José María Otero puxo en valor a extraordinaria relación de colaboración que manteñen de sempre o IES Leixa e AFAL, especialmente no capítulo formativo, xa que a asociación converteuse nos últimos anos nun centro no que os alumnos e alumnas realizan as súas prácticas non laborais. Precisamente, este mércores incorporarase unha nova estudante para realizar esta parte máis práctica da súa formación.

Pola súa banda, Ana María López agradeceu a visita e convidou os alumnos e alumnas a unirse á asociación a través do movemento voluntario, do que precisamente xurdiu AFAL, tal e como lembrou. Silvia Loureiro foi, á súa vez, a encargada de explicar o labor que desenvolve AFAL nos seus centros de día e lembrar un principio claro: ante o diagnóstico de alzheimer nosa asociación está aí, desde o minuto cero, para ofrecer todo o apoio tanto á persoa afectada como á súa familia.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar