facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Éxito do ciclo de conferencia sobre alzhéimer de AGADEA

24/5/2019

AGADEA ALZHÉIMER rematou en maio o Ciclo de conferencias sobre alzhéimer que celebrou con motivo do seu 25 aniversario. Ao longo dos últimos tres meses leváronse a cabo tres coloquios aos que asitiron máis de 120 persoas e nos que se trataron puntos novedosos e prácticos dirixidos a familias, persoas cuidadoras, profesionais e ao público en xeral.

A primeira conferencia, o 27 de marzo, pronunciouna Susana Teijeira, coordinadora do Banco de Cerebros do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. Teijeira explicou todo o proceso para a doación do cerebro, destacando a importancia que supón contar con estas mostras na investigación sobre o alzhéimer. Actualmente, o banco que se atopa no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, conta con 210 cerebros. Lembrou que se precisan máis doantes, sobre todo de pesoas sanas para poder avanzar no coñecemento e tratamento da doenza.

A segunda, o 25 de abril, correu a cargo do investigador senior do Instituto de Investigación Sanitaria de Galicia Sur, Carlos Spuch. Unha conferencia cun claro afán didáctico no que expuxo en que punto se atopa a investigación mundial e desvelou algunhas das claves da que se está levando a cabo en Galicia: “No noso estudo partimos de que, ao mellor, o segredo para tratar o alzhéimer está nas mulleres galegas’.

Jose Manuel Amigo Vázquez, notario e ex decano do Colexio Oficial de Notarios de Galicia, José Manuel Amigo Vázquez, pronunciou a derradeira conferencia tratando un tema controvertido a nivel emocional, a incapacidade legal das persoas con discapacidade. A súa exposición xerou un amplo coloquio posterior, no que ademais xurdiron temas de gran actualidade como o voto das persoas con discapacidade, o testamento vital e mesmo a eutanasia dende o punto de vista legal.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar