facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A exposición fotográfica de AFABER recibe a visita dos usuarios de APEM Carballo

22/1/2018

O pasado mércores 17 de xaneiro usuarios e profesionais de Apem Carballo organizaron unha visita a AFABER para disfrutar da exposición do III Concurso de fotografía sobre o alzhéimer da asociación.

Nesta terceira edición a fotografía gañadora leva por título “Mi Tio”, realizada por Vicente Guill Fuster. O segundo premio foi parar a Lucia Vázquez, pola fotografía que leva por título “La Huella”, mentres que o terceiro premio foi para Manuel Pérez, coa fotografía “Cores”.

Obradoiros de memoria

Neste mes de xaneiro a asociación retoma o Programa de Envellecemento Activo a través dos obradoiros de memoria para maiores. Así, hoxe comezan estes talleres na Asociación de veciños Santa María de Traba (Coristanco), que se celebrarán todos os luns en horario de 10 a 11h no Edificio Multiusos do concello.

Por outra banda, o pasado luns tamén se retomaron os obradoiros que se imparten no Pazo da Cultura de Carballo, que se celebran os luns e mércores en horario de 16:30h a 18h.

Estes obradoiros para estimulación da memoria están baseados nun modelo de intervención funcional, para previr a perda de memoria, a lentitude nos procesos do pensamento e os bloqueos. Os obradoiros están dirixidos a persoas maiores de 60 anos, sen deterioro cognitivo e interesadas en previr a perda de memoria asociada ó proceso de envellecemento.

Para anotarse ós talleres de memoria podes poñerte en contacto ca asociación nos teléfonos 981 758 545 ou no 625 980 691.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar