facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

FAGAL acude ao III Simposio Internacional “Avances en la Investigación Sociosanitaria en la Enfermedad de Alzheimer” en Salamanca

8/6/2015

O Presidente e a Vicepresidenta 2ª da Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias (FAGAL) acuden hoxe ao III Simposio Internacional “Avances en la Investigación Sociosanitaria en la Enfermedad de Alzheimer”, que se está a celebrar na sede da Fundación General da Universidad de Salamanca.

Este III Simposio Internacional reune a algúns dos expertos e investigadores máis relevantes do panorama nacional e internacional co obxectivo de xerar un espazo de reflexión e debate, no que se propicia a difusión de resultados de investigacións psicosociais recentes, así como a profundización sobre os aspectos éticos e económicos relacionados coa atención e a investigación psicosocial no contexto das demencias.

A xornada está dividida en 4 sesións:

  • Sesión I: A enfermidade de Alzheimer desde unha mirada actual
  • Sesión II: Informe Mundial sobre Alzhéimer
  • Sesión III: Conferencia Plenaria
  • Sesión IV: Perspectivas sobre a enfermidade de Alzhéimer e a investigación sociosanitaria

Este simposio enmárcase no proxecto “Espacio Transfronterizo sobre el Envejecimiento”, unha iniciativa aprobada no marco do Programa de Cooperación Transfronteriza España-Portugal 2007-2013 (POCTEP) do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Enlace: https://fundacion.usal.es/es/formacion-especializada/3simposioenvejecimi...

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar