facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

FAGAL e AGADEA reciben en Santiago ó proxecto solidario “Camino de la Memoria”

29/8/2017
  • Este proxecto está impulsado polo fotógrafo Alejandro Hurtado e o xornalista Antonio Ortín, que realizan o Camiño de Santiago para dar visibilidade ó alzhéimer.
  • A Concelleira de Servizos Sociais, Concepción Fernández, e a Vicepresidenta de FAGAL e Presidenta de AGADEA, Isabel Gey, foron as persoas encargadas de recibilos na Praza do Obradoiro.

O proxecto solidario “Camino de la Memoria” chegou este martes a Santiago de Compostela. Os impulsores da iniciativa, o fotógrafo Alejandro Hurtado e o xornalista Antonio Ortín, foron recibidos esta mañá na praza do Obradoiro pola Vicepresidenta da Federación Alzhéimer Galicia e Presidenta de AGADEA, Isabel Gey, e a Concelleira de Servizos Sociais, Concepción Fernández.

Estes dous malagueños comezaron o pasado 20 de agosto o tramo do Camiño de Santiago que discurre pola Ruta da Prata en bicicleta, realizando paradas en diversas localidades onde puideron visitar Asociacións de Familiares de Persoas con Alzhéimer. Os impulsores desta iniciativa incidiron á súa chegada na importancia de que o alzhéimer sexa unha cuestión de Estado, ademais de destacar a labor que están realizando as asociacións que visitaron durante o seu percorrido, que non són axuda á persoa enferma senón tamén á súa familia.

Pola súa banda, a Vicepresidenta de FAGAL agradeceu a posta en marcha deste tipo de iniciativas que dan visibilidade ó alzhéimer. Durante o acto, a Concelleira de Servizos Sociais quixo entregarlles en nome do Concello uns agasallos como recordo do seu paso pola cidade.

Tras o recibimento, representantes de FAGAL e AGADEA acompañaron ós dous ciclistas ata o Espazo da Memoria, emprazamento situado no Parque de Bonaval en recordo das persoas con alzhéimer e que foi inaugurado o pasado ano polo Día Mundial do Alzheimer. Así mesmo, o proxecto “Camino de la Memoria” tamén quixo achegarse ata o Centro Terapéutico que AGADEA ten no Ensanche compostelano, para coñecer de primeira man o traballo realizado e capturar instantáneas que incluir no seu diario de viaxe.

A iniciativa “Camino de la Memoria” pretende ser o relato gráfico e comentado da ruta xacobea, para difundir por un lado unha mensaxe de concienciación sobre o alzhéimer e, por outro, dar a coñecer a través das vivencias, personaxes e paisaxjes tanto a Ruta de la Plata como o Camino Mozárabe de Málaga. Estas experiencias recolleranse nun libro de fotografías, cuxa recadación destinarase á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Málaga (AFA Málaga).

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar