facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

FAGAL e as súas asociacións participaron no VII Congreso Nacional de Alzhéimer

14/11/2017

Os días 9, 10 e 11 de novembro tivo lugar no Palacio de Ferias y Congresos de Málaga o VII Congreso Nacional de Alzhéimer, organizado por CEAFA e ConFEAFA, e que reuniu a preto de 800 asistentes, representantes das asociacións de familiares de persoas con alzhéimer de toda España. Entre os asistentes estiveron presentes unha delegación da Federación Alzhéimer Galicia e das AFAs galegas que, ademais, participaron no programa do Congreso.

Así, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Lugo, AFALU, participou na mesa "Creación de sinerxias" impartindo o relatorio "Creación e mantemento de Unidades Terapéuticas de Estimulación Cognitiva nas zonas rurais". O encargado de impartir a charla foi Valentín Calvín, Director dos Centros de Día da asociación, que destacou que "o propósito é que ningunha persoa con alzhéimer, polo feito de residir nun medio rural, quede sen unha atención que lle permita ter unha mellor calidade de vida".

Por outra banda, FAGAL non quixo perder a oportunidade de participar no programa do VII Congreso cunha comunicación en formato póster cos tres manuais profesionais elaborados polas traballadoras e traballadores das asociacións galegas. Foi o coordinador da oficina técnica da federación, Javier Hermida, a persoa encargada de presentar os Manuais de Terapia Ocupacional, Traballo Social e Fisioterapia específicos en alzhéimer, espertando o interese dos asistentes ó Congreso.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar