facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

FAGAL celebra as II Xornadas de Xuntas Directivas

22/6/2015

Esta fin de semana, 20 e 21 de xuño, tiveron lugar as II Xornadas de Xuntas Directivas da Federación Galega de Alzhéimer, que reúne a membros das Xuntas Directivas da asociacións pertencentes a esta entidade e que se celebraron en Noalla, no Concello de Sanxenxo.

Estas xornadas estiveron dirixidas pola consultora Almudena da Silva e tiveron como obxectivo a reflexión estratéxica sobre a Federación Galega de Alzhéimer. Durante estes dous días, os representantes das entidades traballaron na misión, visión e os valores da federación e chegaron á conclusión de trazar varias liñas estratéxicas nas que a federación vai traballar nos vindeiros anos para fortalecer a organización.

Esta actividade foi moi ben valorada polos asistentes, que quedaron satisfeitos tanto coa organización da actividade como co traballo realizado nestes días.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar