facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

FAGAL celebrou o pasado sábado a súa Asamblea Xeral Ordinaria

21/6/2016

O pasado sábado tivo lugar na sede de FAGAL, en Santiago de Compostela, a Asamblea Xeral da Federación Alzhéimer Galicia. A asamblea contou con representación de practicamente as 13 asociacións que forman parte da federación.

Na asamblea aprobáronse por unanimidade as contas do exercicio 2015 asi como a memoria de actividades que se puxeron en marcha no pasado ano, dentro dos convenios asinados pola federación.

Ademais, a asamblea serviu para aprobar o plan de actividades plantexado para este ano 2016 e a campaña polo Día Mundial do Alzheimer que se desenvolverá o vindeiro mes de setembro, así como o orzamento previsto para este exercicio. Estas propostas, ó igual que as anteriores, foron aprobadas polos asistentes por unanimidade.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar