facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

FAGAL participa no II Foro da Rede Galega de Investigación en Demencias

18/1/2018

O Salón de Actos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo será o escenario para o II Foro da Rede Galega de Investigación en Demencias, REGIDEM, que terá lugar o vindeiro martes 23 de xaneiro. Este evento, que será un punto de reunión dos diferentes grupos de investigación que forman a rede, contará coa presenza de dous investigadores en demencias que na actualidade desenvolven o seu labora en universidades portuguesas.

Este foro, que se desenvolverá en horario de mañá e tarde, contará coa participación da Federación Alzhéimer Galicia, que colabora coa Rede e que impartirá a charla "Vidas paralelas: as demencias na contorna familiar".

O II Foro de REGIDEM comezará ás 10h coa conferencia do Dr. Ioannis Sotiropoulos, da Universidade do Minho, ó que lle seguirán as presentacións dos grupos de investigación de Enxeñería de Sistemas Telemáticos e o de HealthyFit da Universidade de Vigo, o de Xerontoloxía da Universidade da Coruña e o de Enfermidades Psiquiátricas do Instituto de Investigación Galicia Sur.

A continuación, será o turno doutro conferenciante invitado, neste caso do Dr Ignacio Villaverde, da Universidade de Beira Interior, que impartirá o relatorio "Desafíos interdisciplinarios relacionados coas enfermidades neurodexenerativas". Tras esta charla, o foro continúa con relatorios da Unidade de Psicoxeriatría da Área de Xestión Integrada de Vigo e da federación Down Galicia.

Xa pola tarde, trala exposición de FAGAL, o foro péchase coa presentación do resto de participantes desta Rede Galega de Investigación en Demencias e unha charla do xornalista Victor Sariego sobre a difusión deste tipo de iniciativas.

A asistencia a este II Foro REGIDEM está aberta a todas aquelas persoas interesadas en coñecer máis sobre este proxecto e a todos os profesionais que traballan no ámbito das demencias.

Adxuntos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar