facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

FAGAL participa no I Congresso Internacional "Demências e Paliativos em Demências: caminhos…" en Braga

15/10/2016

A Federación Alzhéimer Galicia participou onte en Braga no I Congresso Internacional "Demências e Paliativos em Demências: caminhos…", organizado pola Fundação Domus Fraternitas. Este Congreso reflexionou sobre o camiño que se trazou ata agora no estudo, diagnóstico e tratamento das demencias e dos paliativos en demencias, e o camiño que se vai a marcar para o futuro.

Este congreso contou coa presenza do Presidente de FAGAL, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, que participou na Mesa Redonda Perspectivas e prácticas internacionais, xunto con representantes do CRE-Alzhéimer e a Unidade de Día San Ramón de Sevilla. Durante a súa intervención, Juan Carlos Rodríguez fixo un repaso sobre o traballo que está a realizar FAGAL e as súas asociacións nestes últimos anos e dos proxectos postos en marcha pola federación en toda Galicia.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar