facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

FAGAL participou no I Congreso Internacional de Respostas Sociais Inclusivas celebrado en Portugal

29/10/2018

A pasada semana, desde o día 25 ata o 27, celebrouse en Vila Franca de Xira, en Portugal, o I Congreso Internacional de Respostas Sociais Inclusivas, baixo o título "Dos 0 aos 100 – Desafíos e Intervención". Este congreso tiña como obxectivo reflexionar e contribuir na identificación dos desafíos existentes na área da solidariedade social e atopar formas axeitadas e inclusivas de intervención.

Durante estas tres xornadas, organizadas polo Centro de Bem Estar Infantil de Vila Franca de Xira e a nosa asociación AFAGA, expertos portugueses e españois chegaron á conclusión que o intercambio de coñecementos e experiencias son o mellor camiño para conseguir unhas respostas sociais de calidade.

Na primeira xornada, o Presidente de FAGAL, Juan Carlos Rodríguez, participou na mesa "IPSS, SNS, Educación: Complementariedade ou Necesidade?", mentres que a psicóloga da asociación viguesa, Maxi Rodríguez, levou a cabo o Workshop "Intervencións non farmacolóxicas". Para pechar este congreso, o responsable do Departamento Xurídico da AFAGA, Iván Rarís, participou na clausura deste I Congreso.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar