facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

FAGAL presenta o Programa Red Paraguas no VI Congreso da Sociedade Galega de Calidade Asistencial

4/6/2015

A Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias (FAGAL) estivo hoxe presente no VI Congreso da Sociedade Galega de Calidade Asistencial e nas VII Xornadas de Calidade e Seguridade do SERGAS, que se están a desenvolver no Edificio CINC da Cidade da Cultura, para presentar unha comunicación sobre o Programa Red Paraguas.

A ponencia, titulada "Red Paraguas: O éxito da participación do sector asociativo, as entidades locais e as familias de enfermos de Alzhéimer", foi impartida polo traballador social de FAGAL, Javier Hermida Porto, e tivo lugar na Sesión 3 de comunicacións, moderada por Begoña García Cepeda, Xefa de Servizo de Atención ao Cidadán e ao Paciente da Subdirección Xeral de Atención ao Cidadán e Calidade do SERGAS.

A presentación tivo como obxectivo presentar os resultados acadados no programa RED PARAGUAS, financiado pola Fundación Barrié e que se desenvolveu nos anos 2013 e 2014, asi como a súa continuidade no bienio 2015-2016 adaptándoo á realidade das comarcas que non puideron ser atendidas no período anterior.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar