facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

FAGAL presentará o programa de intervención no rural “REDE PARAUGAS” no VI Congreso da Sociedade Galega de Calidade Asistencial

19/5/2015

A proposta de comunicación sobre o programa de intervención no rural “REDE PARAUGAS” foi admitida hoxe polo comité científico do VI Congreso da Sociedade Galega de Calidade Asistencial.

Nesta comunicación FAGAL presentará como a raíz dos resultados acadados no programa REDE PARAUGAS, financiado pola Fundación Barrié e que desenvolveuse nos anos 2013 e 2014, formulouse un novo xeito de achegamento ás familias do rural galego no que a colaboración das institucións públicas, servizos sociais e centros de saúde, son fundamentais.

A maiores presentase a continuidade do programa no bienio 2015-2016 adaptándoo á realidade das comarcas que non puideron ser atendidas no período anterior.

Máis información: http://www.sogalca.es/gl/novas/amosar/id/72#

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar