facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

FAGAL presentará o Programa Rede Paraugas no VI Congreso Nacional de Alzheimer

18/5/2015

O comité científico do VI Congreso Nacional de Alzheimer, que terá lugar en Valladolid os días 12, 13 e 14 de novembro deste ano, aprobou recentemente a proposta de relatorio da Federación Galega de Alzhéimer (FAGAL) titulado “Proxecto Rede Paraugas: un achegamento ás familias do rural galego”.

A presentación terá lugar o venres 13 de novembro dentro da mesa titulada “A atención máis aló do contorno da Asociación” e tratará sobre o programa REDE PARAUGAS, que tivo lugar durante os anos 2013 e 2014 grazas ao apoio da Fundación Barrié e que, tralo éxito acadado, foi renovado para o presente bienio.

AFAL Ferrolterra e AFACO, tamén seleccionadas

AFAL Ferrolterra tamén estará presente no Congreso, onde exporá o “Proxecto europeo UnderstAid e perfil do usuario e coidador familiar dun centro de día como elementos clave na instauración de estratexias de intervención”. Unha ponencia que se integrará na mesa “As AFAs como centros de investigación social” e na que tamén tomará parte a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFA) Zamora, cunha conferencia sobre o “Perfil socio-demográfico e clínico dos usuarios dun centro de día específico en demencias”.

“UnderstAid” é un proxecto europeo que ten por obxectivo elaborar unha aplicación intelixente que, xestionada a través dunha tablet ou Smartphone, permita aos coidadores recibir información instantánea sobre os aspectos que lles preocupan da enfermidade. Neste sentido, AFAL Ferrolterra participou facilitando o acceso aos familiares dos seus usuarios a fin de que os investigadores do Grupo de Investigación en Xerontoloxía da Universidade da Coruña recollesen a información necesaria para saber que temas son do seu interese e elaborar os contidos dacordo ás necesidades detectadas.

Pola súa banda a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de A Coruña (AFACO) foi seleccionada para presentar unha comunicación sobre o seu programa interxeracional "Tengo algo que contarte", dentro da mesa "A dimensión interxeracional da intervención".

Este programa foi posto en marcha por AFACO e a Escola Infantil Municipal dos Rosales da cidade da Coruña e está dirixido a crear un lazo simbólico entre nenos e adultos (afectados de demencia), o que se concreta na realización de actividades conxuntas que ofrecen un interese común, para os menores e para os adultos, e, por extensión, para os seus respectivos grupos familiares ou sociais. O programa comezou a impartirse no curso 2013-14.

Programa do Congreso: http://congresonacionaldealzheimer.org/es/programas

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar