facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

FAGAL únese á conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade

1/12/2017

Hoxe 3 de decembro conmemórase o Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade, unha data na que o movemento da discapacidade articulado en torno ó CERMI, se quere poñer sobre a mesa a importancia da accesibilidade universal con todo aquello que conleva, desde barreiras físicas ata aquelas máis invisibles como son os prexuízos ou os estereotipos.

Desde a Federación Alzhéimer Galicia, como membro do CERMI Galicia e como entidade que loita polos dereitos das persoas con discapacidade por demencia, queremos unirnos ó Manifesto elaborado polo CERMI Estatal baixo o lema “SEN ACCESIBILIDADE UNIVERSAL, NON HAI DEREITOS HUMANOS PARA AS PERSONAS CON DISCAPACIDADE”.

Así mesmo, FAGAL quere poñer sobre a mesa, unha vez máis, da necesidade do recoñecemento automático do 33% de discapacidade para as persoas diagnosticadas dunha demencia neurodexenerativa, tal e como reclamou o pasado ano o Parlamento galego en bloque, instando ó Goberno Central a atender esta petición das asociacións de familiares de persoas con alzhéimer.

Podes ler o Manifesto do CERMI Estatal no seguinte enlace: http://www.cermi.es/sites/default/files/docs/novedades/Manifesto%20CERMI...

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar