facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A Federación Alzhéimer Galicia asina un convenio de colaboración con ASEM–Galicia

9/6/2016

Hoxe tivo lugar na sede ASEM-Galicia a sinatura do convenio marco de colaboración entre esta entidade e a Federación Alzhéimer Galicia para potenciar a rede de colaboración entre as entidades do terceiro sector.

O obxectivo principal deste acordo é a reclamación conxunta dos dereitos das persoas cunha enfermidade neurodexenerativa, que se desenvolve mediante unha serie de accións conxuntas que van dende o aproveitamento das canles de comunicación ata a realización de proxectos e iniciativas conxuntas.

O presidente de FAGAL, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, e o presidente de ASEM-Galicia, Manuel Rego Collazo, salientaron a necesidade de traballar en conxunto para aforrar esforzos e aumentar a eficacia en inciativas que teñen que ver con ambas entidades. Concretamente salientouse a importancia de reclamar ó Goberno de España o recoñecemento dunha discapacidade do 33% co diagnóstico dunha demencia, petición que se está a facer dende a Neuroalianza en todos os parlamentos autonómicos, coma no caso de Navarra, que aprobou a moción por unanimidade, e que xa se atopa presentada ós diferentes grupos parlamentarios galegos.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar