facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A Federación Alzhéimer Galicia beneficiaria da VIII edición do Programa Talento Solidario da Fundación Botín

12/6/2017

A VIII convocatoria de Talento Solidario resolveuse coa selección de 15 organizacións sociais que se incorporan á Rede do Programa. A Fundación Botín, a través do Programa Talento Solidario, financia a contratación dun profesional ou de servizos profesionais externos a cada unha destas entidades para mellorar ou desenvolver unha área estratéxica que lles permita lograr un maior impacto social.

Entre as entidades beneficiarias atópase a Federación Alzhéimer Galicia, que presentou á convocatoria un proxecto co obxectivo de desenvolver un plan estratéxico xeral da entidade que, partindo da análise dos antecedentes internos e externos da mesma, defina os objxectivos que se desexan alcanzar e a mellor maneira de alcanzalos, mediante a asignación racional de recursos e medios. Este proxecto levarase a cabo a través da contratación dos servizos profesionais dunha consultora externa.

Co Programa Talento Solidario, a Fundación Botín quere impulsar e dinamizar a profesionalización do sector non lucrativo en España. Dentro deste sector, o Programa diríxese ás organizacións sociais de pequeno e mediano tamaño, que representan máis do 90% das entidades do sector.

Fonte: Fundación Botín

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar