facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A Federación Alzhéimer Galicia celebrou a súa Asemblea Xeral Ordinaria

14/6/2018

O pasado sábado, 9 de xuño, tivo lugar na Facultade de Psicoloxía de Santiago de Compostela, a Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Alzhéimer Galicia. O acto contou con representación de practicamente a totalidade das trece entidades que na actualidade forman parte da federación.

Nesta asemblea presentáronse a memoria de actividades realizadas no ano 2017 así como as contas xurdidas desta actividade, que foron aprobadas por unanimidade polos asistentes.

Ademais, a asemblea pronunciouse de maneira favorable respecto ao plan de actividades elaborado pola oficina técnica da federación para levar a cabo neste ano 2018, así como os actos que están previstos celebrar con motivo da conmemoración do 20 Aniversario da Federación Alzhéimer Galicia. Unido a isto, foi aprobado por unanimidade o orzamento presentado para levar a cabo todas as actividades.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar