facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A Federación Alzhéimer Galicia participa no 28º Congreso de Alzheimer Europe en Barcelona

30/10/2018

Os días 29, 30 e 31 de outubro celebrouse en Barcelona o 28º Congreso de Alzheimer Europe, que reuniu no Hotel Barceló Sants da capital catalana a profesionais do ámbito do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas baixo o eslogan “Making dementia a European priority” ("Facendo da demencia unha prioridade europea"). Durante estas tres xornadas, o congreso promoveu un enfoque multidisciplinar das demencias a través de cinco puntos dentro do programa: políticas e estratexias; enfoques de atención; servizos de atención; dereitos e sociedade amigable coa demencia; e xenética, prevención e tratamento.

A Federación Alzhéimer Galicia estivo presente neste evento internacional cunha delegación de técnicos e directivos da entidade e das nosas asociacións AGADEA e AFAGA. Ademais, FAGAL participou no programa deste 28º Congreso coa publicación de dúas comunicacións en formato póster que foron presentadas nas xornadas do martes e do mércores.

A primeira das comunicacións abordou a labor que desenvolveron os tres grupos de traballo de profesionais das asociacións (Terapia Ocupacional, Traballo Social e Fisioterapia) creados nos últimos anos, e que deron lugar aos manuais específicos en alzhéimer destas tres disciplinas. A persoa encargada de realizar a presentación foi Javier Hermida, coordinador da oficina técnica da federación, quen explicou o proceso de elaboración destes tres manuais.

A segunda comunicación fixo un percorrido polo Programa Red Paraguas Alzheimer, posto en marcha por FAGAL e a Fundación Barrié no ano 2013, e que permite achegar ao rural galego recursos para persoas afectadas polo alzhéimer e as súas familias, ademais de realizar actividades para estudantes de primaria, ESO e Bacharelato co fin de facilitarlles información sobre a doenza. A presentación deste póster foi realizada por Lucía Ruanova, traballadora social de FAGAL, que abordou os aspectos máis destacables deste programa que xa está na súa terceira edición.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar