facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A Federación Alzhéimer Galicia e a Consellería de Política Social renovan o convenio para a formación de coidadores familiares

31/8/2017

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o presidente da Federación Alzhéimer Galicia, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, renovaron esta mañá o convenio de colaboración para o desenvolvemento de programas de apoio e formación de coidadores de persoas afectadas desta doenza e doutras demencias neurodexenerativas. Ao acto, que tivo lugar nas dependencias administrativas da Xunta de Galicia en San Caetano, tamén contou coa asistencia da directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García Martínez, e as dúas Vicepresidentas de FAGAL, Isabel Gey e Carmen Martínez.

O montante do acordo asinado ascende a 18.000 euros que a federación empregará en cursos de formación, obradoiros de aplicación dos coidados a domicilio, dinamización de grupos de autoapoio de coidadores e creación de servizos de apoio, sensibilización e formación na área rural.

Rey Varela reiterou o compromiso do Goberno galego de seguir apostando pola sensibilización, prevención e formación fronte o alzhéimer; e recoñeceu o traballo diario que neste campo leva a cabo FAGAL, que “presta un apoio fundamental tanto aos doentes como aos seus familiares”.

Nesta liña, o conselleiro destacou o reforzo dos programas dirixidos ás persoas afectadas desta patoloxía coa recente entrada en funcionamento de novos servizos específicos de estimulación terapéutica nos concellos de Santiago, A Estrada, As Nogais, Marín, Tui e Ourense. O obxectivo destes servizos é abordar a enfermidade nos seus primeiros estadios para así paliar, na medida do posible, as súas consecuencias.

Fonte: Consellería de Política Social

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar