facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A Federación Alzhéimer Galicia asina un convenio de colaboración ca Consellería de Política Social para a formación das persoas coidadoras

12/7/2016

O Presidente da Federación Alzhéimer Galicia, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, e o Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinaron o pasado 30 de xuño un convenio de colaboración entre ambas entidades para o financiamento de actividades orientadas á formación e ó apoio de coidadoras e coidadores de persoas afectadas de alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas que se atopan en situación de dependencia.

Este convenio, que ten unha cuantía de 18.000 euros, permitirá a posta en marcha de cursos de formación para coidadores non profesionais, obradoiros de aplicación dos coidados no domicilio, a creación e dinamización de grupos de apoio de persoas coidadoras, a creación de servizos de apoio, sensibilización e formación no rural galego, e a creación de material de formación.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar