facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A Federación Alzhéimer Galicia pon en marcha os cursos formativos para coidadores “Xuntos nos Coidados”

23/10/2017
  • Esta acción formativa, impartida polas AFAs galegas, desenvolverase durante o mes de novembro en 16 localidades galegas.
  • Os cursos están dirixidos a coidadores non profesionais de persoas cunha demencia.
  • A Consellería de Política Social financia esta formación a través dun convenio de colaboración coa federación.

O vindeiro 3 de novembro comeza, en Santiago de Compostela, unha nova edición dos cursos formativos para coidadores non profesionais de persoas cunha demencia “Xuntos nos coidados”. A Federación Alzhéimer Galicia, xunto coa Consellería de Política Social, levará a un total de 16 localidades galegas este programa formativo, que se está a desenvolver desde o ano 2011 e que foi renovado o pasado mes de agosto a través dun convenio entre ambas entidades.

Ao longo do mes de novembro, profesionais das 13 asociacións que compoñen FAGAL impartirán estes cursos, que pretenden capacitar ás familias coidadoras para afrontar os coidados dunha persoa cunha demencia neurodexenerativa, respondendo ás dúbidas que teñan e fomentando o contacto entre os coidadores. Os cursos, que contan cun total de vinte prazas e cunha duración de 8h, son gratuítos para os asistentes, que deben poñerse en contacto coa asociación de referencia.

As localidades que albergarán o curso “Xuntos nos Coidados” son: A Coruña, Cabana de Bergantiños, Chantada, Ferrol, Moaña, Monforte, O Barco, Ourense, Pontevedra, Ribeira, Santiago, Vigo, Vilaboa, Vilagarcía, Vilalba e Viveiro. Podes consultar datas e lugares no seguinte enlace

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar