facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A Federación Alzhéimer Galicia e a Fundación Barrié reciben o Premio Albert Jovell polo Programa Rede Paraugas

16/6/2016
  • O Presidente de FAGAL recolleu o Premio agradecendo ó xurado a distinción e recoñecendo a necesidade de maior información acerca das demencias en aquelas zonas rurais con menos recursos.
  • O proxecto foi premiado na categoría de mellor formación dirixida a pacientes e/ou familiares por parte dunha asociación de pacientes, ONG ou fundación.
  • O Programa Rede Paraugas busca mellorar a atención e a calidade de vida das familias coidadoras de persoas con alzhéimer nas zonas rurais de Galicia.

A Federación Alzhéimer Galicia e a Fundación Barrié foron galardoadas hoxe á mañá co Premio Albert Jovell na categoría de mellor formación dirixida a pacientes e/ou familiares por parte dunha asociación de pacientes, ONG ou fundación. Esta segunda edición dos premios que organiza Janssen, en colaboración con Cátedras en Red, e que tivo lugar na Aula Magna do Campus de Barcelona da Universidade Internacional de Catalunya, quixo recoñecer os proxectos destacados polo seu carácter innovador e o seu enfoque humanista, desenvolvidos polos distintos axentes que rodean a figura do paciente.

O presidente da Federación Alzhéimer Galicia, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, xunto coa Directora de Programas de Acción Social da Fundación Barrié, Mª Isabel Pérez Martínez, foron os encargados de recibir o galardón. O representante de FAGAL agradeceu este recoñecemento, o tempo que deu as grazas á Fundación Barrié, xa que sen eles, non sería posible levar a cabo o programa.

O premio obtido por FAGAL e a Fundación Barrié, que compartía nominación con Acción Psoriasis (Asociación de Pacientes de Psoriasis e Familiares), Fundación MEHUER (Fundación Medicamentos Huérfanos y Enfermedades Raras) e FESCAN (Federación de Asociacións de Persoas Sordas de Cantabria), recoñece os tres anos que leva en funcionamento o Programa Rede Paraugas, creado en 2013 e renovado neste pasado ano, que supuxo a posta en marcha de actividades e servizos que buscan mellorar a atención e a calidade de vida das familias coidadoras de persoas con alzhéimer nas zonas rurais de Galicia, a través dun convenio asinado entre a Fundación Barrié e a Federación Alzhéimer Galicia

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar