facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A Federación Alzhéimer Galicia partipa no XIII Encuentro de Participación que EAPN-España e EAPN Galicia organizaron en Santiago de Compostela

28/6/2019
  • A Federación Alzhéimer Galicia participou no XIII Encuentro de Participación que EAPN-España e EAPN Galicia organizaron en Santiago de Compostela do 26 ao 28 de xuño baixo o lema: ‘Lucha contra la Pobreza, la Exclusión Social y la Desigualdad en el marco de los ODS’

Este Encontro, no que participaron máis de 200 persoas de toda España, entre as que se inclúen as de 16 entidades galegas membro de EAPN-Galicia, dentro delas FAGAL, tivo como obxectivo crear un espazo que contribua ó empoderamento das persoas en risco de pobreza e/ou exclusión, apoiando as súas capacidades para coñecer, comprender, defender e reclamar os dereitos que lles son recoñecidos.

Ademais este ano, a Federación Alzhéimer Galicia ten unha vinculación maior con EAPN- Galicia xa que forma parte da Xunta directiva como vogal,o que permite expoñer as demandas do noso colectivo de atención dunha forma máis clara e cercana.

No noso ámbito de intervención observamos que o perfil da persoa coidadora corresponde na actualidade a muller de entre 45 e 55 anos, que en moitas ocasións ten que deixar o seu traballo para adicarse en exclusiva ós coidados derivados da persoa con demencia. Isto, sen dúbida, repercute notablemente na economía familiar. Ademáis cando estas mulleres rematan a etapa de coidados encóntranse nunha idade na que a incorporación o mercado laboral faise moi complicada. Todo isto sitúa a estas mullleres como un colectivo en risco de exclusicón social.

Este so é un dos motivos polos que a Federación debe formar parte activida de entidades adicadas a loita e erradicación da pobreza co obxectivo de construir, a través do traballo en rede,nun mundo máis xusto.

No encontro tamén estiveron presentes o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijoo, a Conselleira de Política Social, Fabiola García, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santarices ou a Secretaria de Estado de Servicios Sociales, Ana Lima participaron xunto a persoas en risco de pobreza beneficiarias de 16 ONG galegas de acción social.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar