facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A Federación Alzhéimer Galicia premiada no XXX Congreso Internacional de Xeriatría e Xerontoloxía

4/6/2018

O pasado fin de semana celebrouse en Vigo o XXX Congreso Internacional de Xeriatría e Xerontoloxía organizado pola Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía. Nesta ocasión foi a sede de Afundación o lugar de celebración desta cita, que tivo baixo título "Lonxevidade. Análise e propostas para unha sociedade de futuro: ferramentas técnicas e programas".

A Federación Alzhéimer Galicia estivo presente neste evento coa participación no seu apartado de comunicacións. Así, o coordinador da oficina técnica de FAGAL, Javier Hermida, explicou a través dunha comunicación oral o proxecto "Xuntos nos Coidados", programa formativo para coidadores de persoas con alzhéimer que a federación leva desenvolvendo os últimos anos co apoio da Consellería de Política Social.

Esta presentación foi premiada pola organización deste XXX Congreso como Mellor Comunicación na categoría de "Comunicacións Sociais", un recoñecemento que foi recibido polo presidente da federación, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar