facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A Federación Alzhéimer Galicia presenta o primeiro Manual de Terapia Ocupacional para persoas con alzhéimer

21/9/2016

A Federación Alzhéimer Galicia presentou onte á tarde o manual Terapia Ocupacional en alzhéimer e outras demencias, elaborado polos profesionais desta disciplina das distintas asociacións que compoñen a federación. O acto, que tivo lugar na Casa das Asociacións de Cornes, en Santiago de Compostela, contou coa presenza do presidente de FAGAL, Juan Carlos Rodríguez, e da coordinadora e autora principal, Noelia Ríos, terapeuta ocupacional en AFAL Ferrolterra.

Este manual trátase da primeira obra editada en España que está destinada a marcar pautas de traballo dun terapeuta ocupacional na súa labor con persoas afectadas polo alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas. O libro foi elaborado polos terapeutas ocupacionais de nove das asociacións que compoñen FAGAL, reunidos ó longo do pasado ano nun grupo de traballo, co obxectivo de ser unha referencia para terapeutas ocupacionais que interveñen na abordaxe das demencias e de definir unha serie de pautas que permitan ter un modelo común de actuación.

Esta presentación inclúese dentro da campaña polo Día Mundial do Alzheimer, posta en marcha pola Federación Alzhéimer Galicia baixo o lema “Marcándolle o paso ó alzhéimer”.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar