facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A Federación Alzhéimer Galicia presenta o primeiro manual de Traballo Social específico en alzhéimer e outras demencias

21/9/2017
  • Trátase dun libro elaborado polas traballadoras sociais das asociacións que compoñen a federación.
  • Este manual foi presentado pola súa Coordinadora, Romina Ferral, o Presidente de FAGAL, Juan Carlos Rodríguez, e a Presidenta do COTS, Marta Capeáns.

A Federación Alzhéimer Galicia presentou este mércores no Centro Sociocultural do Ensanche, en Santiago de Compostela, o manual “Traballo Social en alzhéimer e outra demencias neurodexenerativas”. Este documento foi elaborado por nove profesionais das asociacións galegas e a federación que forman o Grupo de Traballo de Traballadoras Sociais de FAGAL, creado no ano 2016. O obxectivo deste manual é que sexa unha referencia para os profesionais deste ámbito así como o de unificar criterios de atención para as asociacións que traballan con persoas con alzhéimer.

O evento contou coa presenza da Coordinadora do Manual, Romina Ferral, quen quixo facer fincapé na obriga que teñen os profesionais de estar actualizados e de ter unha formación permanente. Así mesmo, destacou que “este manual está dirixido a persoas que queiran coñecer máis sobre traballo social e demencias, tanto estudantes como profesionais”.

Por outra banda, o Presidente de FAGAL, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, remarcou a importancia deste manual xa que “é o primeiro documento específico de atención ás demencias no ámbito do Traballo Social en España”. Neste senso recordou a importancia do convenio asinado co Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, asinado o pasado ano e que vai fructificar nun curso sobre demencias de máis de 100h que comezará nas vindeiras semanas. Así o confirmou a súa Presidenta, Marta Capeáns, quen aproveitou a ocasión para felicitar ás autoras do manual, que considera “importantísimo e desde o Colexio sempre van a estar apoiando este tipo de iniciativas”.

Este manual específico en Traballo Social pretende dar unha ampla visión do traballo dos profesionais neste ámbito nas asociacións de persoas con alzhéimer, incluíndo información útil para as familias, como os recursos sociais existentes ou os servizos realizados polas AFAs. O documento estará dispoñible nas vindeiras semanas na web da federación (www.fagal.org) para a súa descarga gratuita.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar