facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A Federación Alzhéimer Galicia recibe o Premio á Sanidade de Galicia na categoría Asociación de Pacientes

26/2/2016
  • O Presidente de FAGAL recolleu o Premio agradecendo ao xurado a distinción e recordou a necesidade de políticas transversais que impliquen a todas as administracións públicas.
  • O xurado destacou o traballo realizado por FAGAL en diferentes programas, como o Red Paraguas da Fundación Barrié ou a campaña “No alzhéimer ti es unha peza importante”.
  • Os II Premios á Sanidade de Galicia están organizados por Sanitaria 2000 e recoñecen iniciativas de interese no sector sanitario.

A Federación Alzhéimer Galicia foi galardoado na tarde de hoxe co Premio á Sanidade de Galicia na categoría de Asociación de Pacientes. Esta segunda edición dos premios que organiza a editorial Sanitaria 2000 e que tivo lugar no Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela, quixo recoñecer as iniciativas de interese, as boas prácticas e as traxectorias destacadas do sector sanitario galego. O evento contou coa presenza do Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez Almuíña, e do Presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices.

O encargado de recibir o galardón foi o Presidente da Federación Alzhéimer Galicia, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, que agradeceu ao xurado e a Sanitaria 2000 este recoñecemento, ao tempo que recordou a necesidade de seguir traballando en pro dos dereitos das persoas cunha demencia e as súas familias e a posta en marcha de políticas transversais que impliquen a todas as áreas das diferentes administracións públicas.

O premio obtido por FAGAL, que compartía nominación coa Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC) e coa Asociación de Nenos e Nenas con Diabete de Galicia (Anedia), recoñece os 18 anos de traballo da Federación así como das súas 13 asociacións, que axudan tanto a persoas afectadas como ás 5.000 familias atendidas. Asi mesmo, o xurado tamén distinguiu o traballo realizado grazas ás alianzas coas Consellerías de Política Social e Sanidade, ademais de programas como o Red Paraguas, froito do convenio coa Fundación Barrié, e que permite establecer un necesario apoio no medio rural para os afectados directa ou indirectamente por estas doenzas. Por último, tamén se destacan campañas como a realizada o ano pasado con motivo do Día Mundial do Alzhéimer, “No alzhéimer ti es unha peza importante”

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar