facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A Federación Alzhéimer Galicia reivindica a necesidade dunha Estratexia Transversal de Atención ás Demencias

7/9/2016
  • FAGAL presentou esta mañá un decálogo e unha serie de reivindicacións que mostran as necesidades do sector en Galicia.
  • O acto foi aproveitado para presentar a campaña polo Día Mundial do Alzhéimer, que este ano ten como lema “Marcándolle o paso ó alzhéimer”.

A Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL) presentou esta mañá en rolda de prensa o decálogo elaborado xunto co Grupo de Traballo en Demencias e que mostra a realidade do alzhéimer en Galicia. Nel calcúlase que arredor de 70.000 persoas sofren alzhéimer na nosa comunidade, e que son máis de 200.000 persoas as afectadas pola doenza como consecuencia das tarefas de coidado. Esta situación deu lugar a unha serie de reivindicacións que dende a Federación Alzhéimer Galicia e o Grupo queren que sexan recollidas polas institucións públicas, co obxectivo de poñer en marcha unha Estratexia Transversal de Atencións ás Demencias.

O presidente de FAGAL, Juan Carlos Rodríguez, resaltou a necesidade da declaración do alzhéimer como unha prioridade de saúde pública no sistema sanitario galego e dunha revisión urxente do sistema de copago que actualmente existe na nosa comunidade. Pola súa banda, Isabel Gey, Vicepresidenta de FAGAL, puxo o aceno no recoñecemento da figura da persoa coidadora, polo que se reclaman unha serie de recursos específicos, especialmente para o coidador familiar.

Por outro lado, o investigador Carlos Spuch, membro do Grupo de Demencias, destacou a importancia dos traballos de investigación que se están a realizar e a posta en marcha nas vindeiras semanas dunha rede de investigadores en demencias. Así mesmo, Isabel Redondo, traballadora social do Grupo, fixo fincapé nos programas de prevención que se están a desenvolver en diferentes centros.

Por último, o presidente de FAGAL explicou a necesidade do recoñecemento do 33% de discapacidade co diagnóstico dunha demencia, punto que ven de instar o Parlamento galego ó Goberno de España para a modificación deste baremo.

Andaina Solidaria

FAGAL aproveitou este acto para presentar a campaña que puxo en marcha o pasado 1 de setembro con motivo do Día Mundial do Alzhéimer, baixo o lema “Marcándolle o paso ó alzhéimer”.

O vindeiro sábado 17 a federación e as asociacións que a compoñen organizan unha Andaina Solidaria de 4km entre o Monte do Gozo e o Parque de Bonaval, en Santiago de Compostela, con inicio ás 11 da mañá. Dende as localidades onde teñen sede as asociacións sairán autobuses para os interesados en asistir á andaina, que será un acto de confraternización entre os membros das AFAs e a cidadanía.

Ó remate da andaina, no Parque de Bonaval, FAGAL inaugurará o Espazo da Memoria, emprazamento en recordo dos afectados pola doenza e as súas familias, coa prantación dunha árbore, a colocación dunha praca conmemorativa e o soterramento dunha cápsula do tempo.

#MarcandoPasoAlzhéimer

A través das redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram) pódese seguir e apoiar acampaña co hashtag #MarcandoPasoAlzhéimer. Dende a Federación Alzhéimer Galicia anímase á poboación a poñer a súa pegada para marcar o paso que dá na loita contra o alzhéimer. Os usuarios poden dibuxala, fotografala ou deseñala dun xeito creativo.

Asi mesmo, está dispoñible na nosa canle de Youtube un video realizado con motivo desta campaña, que contou coa colaboración desinteresada de diversos actores de teatro amateur.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar