facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A Federación Alzhéimer Galicia renova a súa Xunta Directiva

24/7/2017

A Federación Alzhéimer Galicia celebrou este sábado, na súa sede de Santiago de Compostela, a Asemblea Xeral Extraordinaria, que contou coa presenza da maior parte das 13 asociacións que compoñen a entidade.

Esta asemblea serviu para a renovación da Xunta Directiva da federación, na que se realizaron pequenos cambios. Así, a presidencia continúaa asumindo Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, acompañado nas vicepresidencias por Mª Carmen Martínez Pulleiro e Isabel Gey Pérez. Así mesmo, repiten o cargo anterior a Tesoureira, Josefa Cancelas Pérez, e a Vogal, Carmen Pena Ledo. Por outra banda, José Manuel Fontenla Redondo, vogal na anterior Xunta Directiva, asume o cargo de Secretario, ocupando o seu posto de Vogal a Vicepresidenta de AFAOR, Sara Ruiz Salgado.

  • Presidencia: Juan Carlos Rodríguez Bernárdez (Presidente de AFAGA)
  • Vicepresidencia 1ª: Mª Carmen Martínez Pulleiro (Presidenta de AFACO)
  • Vicepresidencia 2ª: Mª Isabel Gey Pérez (Presidenta de AGADEA)
  • Secretaría: José Manuel Fontenla Redondo (Presidente de AFAPO)
  • Tesourería: Fina Cancelas Pérez (Presidenta de AFAMO)
  • Vogalía 1: Mª Carmen Pena Ledo (Presidenta de AFALU)
  • Vogalía 2: Sara Ruiz Salgado (Vicepresidenta de AFAOR)

Ademais da renovación da Xunta Directiva, esta asemblea serviu para tratar e aprobar a posta en marcha do Plan Estratéxico de FAGAL, que se vai desenvolver nos vindeiros meses grazas á participación da federación no Programa Talento Solidario da Fundación Botín.

Por último, o acto tamén foi aproveitado para presentar e aprobar a campaña para o Día Mundial do Alzheimer que se vai poñer en marcha en setembro e que se difundirá nas vindeiras semanas.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar