facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A Federación Alzhéimer Galicia comeza a traballar no seu Plan Estratéxico 2018-2020

12/2/2018

A Federación Alzhéimer Galicia puxo en marcha este sábado, en Santiago de Compostela, o Grupo Motor que vai desenvolver nos vindeiros meses o Plan Estratéxico da entidade para o período 2018-2020.

Este grupo de traballo, formado por directivos e traballadores das diferentes asociacións federadas e membros da federación, comezou a traballar durante esta xornada nos obxectivos deste plan, que pretende marcar o camiño a seguir por FAGAL nos vindeiros anos, nunha etapa de gran importancia para a entidade, que este ano cumpre o seu 20 Aniversario.

Durante a xornada, dirixida polo consultor David Pereiro e presentada polo Presidente de FAGAL, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, planificouse o traballo a desenvolver durante os vindeiros meses, no que cobra gran importancia as aportacións tanto de membros das xuntas directivas como dos traballadores das asociacións, fundamentais á hora de crear unha federación máis forte.

Este Plan Estratéxico pode desenvolverse grazas ó apoio da Fundación Botín que, a través do seu Programa "Talento Solidario", permitiu á federación a contratación dun servizo profesional de consultoría externa para a elaboración deste traballo.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar