facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A Federación Alzhéimer Galicia pon en valor o seu traballo na inauguración da súa exposición fotográfica do proxecto CapacitARTE

13/9/2018

A directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García Martínez, inaugurou onte a mostra ’20 anos facendo camiños, 20 anos facendo memoria” da Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL), que desde principios de mes se pode ver no espazo da pirámide do edificio da Xunta de Galicia en San Caetano. O presidente de FAGAL, Juan Carlos Rodriguez Bernárdez, e o máximo responsable en Galicia do Comité Español de Persas con Discapacidade, Iker Serturcha, tamén participaron no acto de apertura desta mostra ao abeiro do proxecto ‘CapacitARTE’ impulsado polo Cermi.

Na súa intervención, Fabiola García destacou o traballo de FAGAL e das 13 asociacións que a integran, que está documentado nos paneis e fotografías da mostra e que forma parte do programa de actos do Día Mundial do Alzheimer que se conmemorará o vindeiro día 21 de setembro. Ao respecto, avogou por continuar adiante co traballo en común e de maneira coordinada nos ámbitos da investigación, a formación, a prevención, a mellora dos servizos e a sensibilización social para garantir a calidade de vida das persoas que padecen alzhéimer e apoiar ás súas familias.

Pola súa banda, o presidente de FAGAL fixo un percorrido polo traballo que durante estes 20 anos fixeron a federación e as trece asociacións co apoio da Administración autonómica e resaltou a necesidade dun "compromiso firme dos poderes públicos, que deben recoller, ordenar e coordinar a través dun Plan Transversal de Atención ás Demencias Neurodexenerativas de Galicia.

O proxecto ‘CapacitARTE: Así somos, así o facemos’ consiste na realización de exposicións monográficas sobre os servizos e proxectos que levan a cabo cada unha das entidades que forman parte do CERMI Galicia, e que ten por obxecto dar visibilidade ao traballo que estas realizan así como concienciar á poboación en xeral.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar