facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A Federación Alzhéimer Galicia únese á conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade

3/12/2018

Hoxe 3 de decembro conmemórase o Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade, unha data na que o movemento da discapacidade representado polo CERMI, se quere poñer sobre a mesa a importancia da accesibilidade universal con todo aquelo que conleva, e que este ano se centra na importancia dun desenvolvemento rural inclusivo, que libere o potencial das persoas con discapacidade que residen no medio rural.

Desde a Federación Alzhéimer Galicia, como membro do CERMI Galicia e como entidade que loita polos dereitos das persoas con discapacidade por unha demencia neurodexenerativa, queremos unirnos ó Manifesto elaborado polo CERMI Estatal, que reclama a necesaria aprobación dunha Estratexia Estatal de Desenvolvemento Rural Inclusivo.

Así mesmo, FAGAL querer poñer o aceno, un ano máis, na urxente necesidade do recoñecemento automático do 33% de discapacidade para as persoas diagnosticadas dunha demencia neurodexenerativa, tal e como ven reclamando nos últimos anos xunto con outras entidades que traballan no ámbito das enfermidades neurodexenerativas.

Podes ler o Manifesto do CERMI Estatal no seguinte enlace: https://www.cermi.es/sites/default/files/docs/novedades/Manifiesto%20CER...

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar