facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A Federación Alzhéimer Galicia participa na XI Edición do Salón Internacional Galisenior

8/5/2018

Os días 9 e 10 de maio celébrase en Expourense a XI Edición de Galisenior, Salón Internacional das Persoas Maiores, que terá como obxectivo principal presentar as investigacións, produtos e servizos dispoñibles en Galicia para impulsar un envellecemento activo, autónomo e saudable. Este evento será o punto de encontro dos axentes sociais galegos relacionados co ámbito das persoas maiores.

Un ano máis, a Federación Alzhéimer Galicia non quere faltar á súa cita con este evento, única feira destas características do noroeste peninsular. Así, FAGAL participará activamente no seu programa das xornadas técnicas con intervencións en diferentes relatorios e mesas redondas.

O Presidente da federación, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, abrirá mañá estas xornadas co relatorio "O alzhéimer e as demencias neurodexenerativas en Galicia", no que fará unha aproximación a situación destas doenzas na comunidade galega e ao traballo que na actualidade desenvolven FAGAL e as asociacións galegas de familiares de persoas con alzhéimer. Ademais, nesta mesma xornada, FAGAL participará na mesa de traballo "Calidade asistencial na atención socio-sanitaria" presentando os manuais profesionais especializados en alzhéimer elaborados por profesionais das entidades de alzhéimer galegas.

Por outra banda, o xoves 10 a federación tamén terá presenza nestas xornadas, concretamente na mesa redonda "O empobrecemento das persoas maiores", onde trasladaremos a nosa visión da relación entre o empobrecemento, as persoas maiores e as demencias.

Ademais de participar nas Xornadas Técnicas, a Federación Alzhéimer Galicia tamén contará cun stand dentro da feira, onde poderán achegarse os visitantes para recibir información sobre o traballo que realiza a federación e as súas asociacións en todo o territorio galego.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar