facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A Federación Alzhéimer Galicia participa nunha xornada sobre discapacidade organizada polo Grupo Parlamentario Socialista

30/1/2018

O Presidente da Federación Alzhéimer Galicia, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, participou o pasado venres nunha xornada organizada polo Grupo Parlamentario Socialista, celebrada no Parlamento de Galicia. Este evento, centrado no ámbito da discapacidade e a inclusión social, reuniu ás entidades pertencentes ó CERMI Galicia, que puideron dar a coñecer as necesidades dos diferentes tipos de discapacidade.

Durante a súa intervención, o Presidente de FAGAL destacou o traballo da federación e das súas 13 entidades, que permite achegar recursos para persoas cunha demencia e as súas familias a preto do 80% da poboación galega. Ademais, recordou que esta doenza afecta a preto de 100.000 persoas en Galicia e que resulta urxente recoñecer a enfermidade como unha prioridade de saúde pública e a posta en marcha dunha Estratexia Transversal de Atención ás Demencias na nosa comunidade. Por último, remarcou o efecto desta enfermidade nas familias, que na maior parte dos casos asumen o coidado da persoa afectada e que provoca situacións de exclusión social, polo que é importante a creación de recursos destinados a elas.

Esta xornada foi inaugurada por Xaquín Fernández Leiceaga, portavoz do grupo parlamentario, e clausurada polo Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, xunto co presidente do CERMI Galicia, Iker Sertucha. O lider socialista destacou que na axenda de traballo do PSdeG para 2018 está a tarefa de marcar unha prioridad social en Galicia e de recordarlle ó Goberno da Xunta a necesidade de atender as inquedanzas e demandas dos colectivos con maiores necesidades sociais.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar