facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A Federación Alzhéimer Galicia participa nas xornadas sobre alzhéimer no Congreso dos Diputados

7/3/2017

O Grupo Confederal Unidos Podemos - En Comú Podem - En Marea organizou onte unha xornada de traballo no Congreso dos Diputados con asociacións de familiares de persoas con alzhéimer e federacións de todo o país, entre os que estaban o presidente de FAGAL, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez.

Durante esta xornada, que se prolongou todo o día, o obxectivo foi coñecer de primeira man a súa experiencia e o seu día a día, xa que o vindeiro 9 de marzo, debatirase na Comisión de Sanidade e Servizos Sociais unha Proposición Non de Lei promovida polo grupo parlamentario para impulsar unha Política de Estado sobre o Alzhéimer.

Nas primeiras intervencións puidéronse escoitar as opinións e vivencias das diputadas do grupo así como de investigadoras e doutoras, deixando as seguintes intervencións para os representantes das diferentes entidades que asistiron. Nesta derradeira intervención, o presidente de FAGAL, Juan Carlos Rodríguez, fixo un percorrido polo traballo realizado por FAGAL e as súas asociacións nestes anos, amosando a realidade das demencias en Galicia e detallando cada unha das reclamacións que dende fai un tempo ven solicitando a federación, como a posta en marcha dunha estratexia galega de atención ás demencias ou a declaración automática do 33% de discapacidade co diagnóstico do alzhéimer.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar