facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

FEGADACE e FAGAL únense para defender os dereitos das persoas con dano cerebral e alzhéimer

1/3/2017
  • Os presidentes de ambas entidades asinaron esta mañá un convenio de colaboración.
  • Trátase de dúas discapacidades neurolóxicas que xeran unha gran dependencia implicando ás familias como coidadoras.

Na mañá do 1 de marzo os presidentes da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), Luciano Fernández Pintor, e da Federación Alzhéimer Galicia, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, presentaron e asinaron un convenio de colaboración que unirá ás dúas entidades de maneira permanente , e co que sumarán esforzos para defender os dereitos das familias e persoas con dano cerebral adquirido (DCA) e alzhéimer.

O presidente de FAGAL, Juan Carlos Rodríguez, detallou os puntos en común de ambas discapacidades, salientando que con este convenio “tratamos de construír un mundo máis xusto, igualitario e equitativo”. Ademais tanto o DCA como o alzhéimer teñen en común a súa orixe neurolóxica e o feito de que afectan tanto á persoa como á familia, xerando unha gran dependencia. O representante de FAGAL incidiu no aumento deste tipo de discapacidades debido ó acusado envellecemento poboacional que existe en Galicia.

Pola súa banda, o presidente de FEGADACE, Luciano Fernández, insistiu no vínculo entre alzhéimer e dano cerebral por tratarse de discapacidades adquiridas, ó tempo que demandou cambios no sistema de atención sociosanitaria que se adapten ás novas realidades que acompañan ás persoas e familias afectadas.

O convenio asinado esta mañá, que xa entrou en vigor, prevé o desenvolvemento de accións conxuntas a nivel de sensibilización, formación e cantas iniciativas se consideren pertinentes para ambas bases sociais. Na actualidade calcúlase que hai arredor de 100.000 persoas cunha demencia neurodexenerativa e 35.000 persoas con dano cerebral adquirido en Galicia.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar