facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A fotografía titulada "Mi tío", gañadora do III Concurso de Fotografía sobre alzhéimer de AFABER

12/12/2017

O III Concurso de Fotografía sobre alzhéimer organizado por AFABER xa ten gañadores. Onte reuníronse na sede da entidade os membros do xurado: Jesús Manuel Villar, Presidente de AFABER; Mar Barca, secretaria da asociación; Maica Ures, Concelleira de Igualdade e Benestar do Concello de Carballo; Ana García, fotógrafa profesional que desenvolve o seu labor no xornal “La Voz de Galicia”: e Mar Casal, fotógrafa profesional do Diario de Bergantiños.

Os membros do xurado escolleron 4 fotografías de entre un total de 25 que chegaron á sede de AFABER para participar no III Concurso.

A gañadora do Concurso é unha foto que leva por título “Mi Tio”, realizada por Vicente Guill Fuster. O segundo premio quedou nas mans de Lucia Vázquez, pola fotografía “La Huella”, que pasou á final grazas a obter o maior número de “Me gustas” no perfil de AFABER do Facebook. O terceiro premio foi parar a Manuel Pérez, coa foto “Cores”. Os membros do xurado decidiron por unanimidade outorgar o premio ACCESIT a Alba Barca, de Carballo, pola fotografía “A calor das mans”.

Todas aquelas persoas interesadas en ver as fotografías gañadoras e participantes, poden facelo a través do perfil en Facebook de AFABER ou ben na propia sede da entidade, na rúa Camelias, 2 – baixo.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar