facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

A Fundación Barrié acolleu a charla “Coñecer mellor o alzhéimer”, impartida polo investigador Carlos Spuch

5/10/2017
  • Esta actividade enmárcase dentro de DIVULGAMENTE, un proxecto de sensibilización interxeracional dirixido a estudantes de centros educativos de Vigo e A Coruña
  • Esta charla repetirase o vindeiro día 9 de outubro na sede da Fundación Barrié na Coruña.
  • Forma parte da terceira edición do Programa Red Paraguas Alzhéimer, posto en marcha pola Fundación Barrié e a Federación Alzhéimer Galicia no ano 2013 e renovado o pasado mes de febreiro.

Máis de 100 escolares de 1º e 2º de Bacharelato do IES Carlos Casares de Vigo e do IES Piñeiro Manso do Porriño, asistiron onte á charla "Coñecer mellor o alzhéimer", impartida polo investigador Carlos Spuch, e organizada pola Fundación Barrié e a Federación Alzheimer Galicia no marco do Programa Rede Paraugas Alzheimer.

A charla, desenvolvida na sede da Fundación Barrié en Vigo, achegou aos asistentes, dunha maneira próxima e dinámica, que son as demencias, que parte do cerebro vese afectada, por que se producen, que tipos de demencias existen e cales son as diferenzas entre elas.

Con posterioridade a esta charla, un profesional da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias máis próxima, trasladarase a cada centro educativo participante, co fin de explicar aos mozos o traballo que realizan e as tarefas que se desenvolven nestas entidades e como afecta a demencia á persoa, a familia e a sociedade na que se relaciona.

Finalmente, un grupo de alumnos de cada instituto visitará un centro de atención a persoas con alzhéimer, para coñecer de primeira man as actividades que alí se realizan.

Estas tres actividades forman parte de DIVULGAMENTE, un proxecto de sensibilización interxeracional dirixido a estudantes de centros educativos de Vigo e A Coruña, e que se enmarca na terceira edición do Programa Rede Paraugas Alzhéimer, posto en marcha pola Fundación Barrié e a Federación Alzheimer Galicia en 2013 e renovado o pasado mes de febreiro.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar