facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

O Grupo de Fisioterapeutas de FAGAL continúa a traballar no seu manual de atención en alzhéimer

22/2/2017

As compoñentes do Grupo de Traballo de Fisioterapeutas de FAGAL continúan a traballar na redacción do manual Fisioterapia en alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas. Nesta ocasión o grupo reuniuse por segunda vez na sede de FAGAL, en Santiago de Compostela, para poñer en común os materiais que veñen desenvolvendo nestes últimos meses, trala xuntanza inicial.

O grupo, formado por profesionais da fisioterapia das asociacións que compoñen FAGAL, pretende ter listo todos os materiais nas vindeiras semanas para comezar co proceso de maquetación e edición do manual, que será presentado ó longo deste ano 2017.

O obxectivo deste manual é contar cun modelo de atención común en fisioterapia para as asociacións de familiares de persoas con alzhéimer de Galicia, e que tamén sirva para poñer en valor a importancia da fisioterapia no traballo cos afectados desta doenza.

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar