facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

I Foro da Rede Galega de Investigación en Demencias

31/10/2017

A Rede Galega de Investigación en Demencias (REGIDEM) organiza o seu I Foro que traerá o vindeiro 9 de novembro a Santiago de Compostela a expertos na investigación en demencias a nivel estatal, e que servirá como presentación desta iniciativa formada por nove grupos de investigación galegos. Este evento divulgativo terá lugar no Palacio de Congresos da capital de Galicia, en horario de 13:30 a 17:30h.

Este I Foro contará coa presenza do Dr. José Luis Cantero, da Universidade Pablo de Olavide de Sevilla, que impartirá o relatorio "Marcadores de imaxe cerebral na enfermidade de Alzheimer". Ademais, a Dra Eva Carro, do Instituto de Investigación do Hospital 12 de Octubre de Madrid, continuará a xornada ca charla "Enfermidade de Alzheimer e Síndrome metabólico".

A xornada pecharase coa participación da Federación Alzhéimer Galicia, que colabora con esta Rede xurdida a través do Grupo de Traballo en Demencias de FAGAL. Así, a Responsable de Proxectos da federación, Lucía Ruanova, explicará ós asistentes os aspectos sociais do alzhéimer, facendo unha aproximación ó traballo das asociacións de familiares de persoas con alzhéimer que traballan en Galicia.

A Rede Galega de Investigación en Demencias reúne a investigadores dos diferentes ámbitos implicados na investigación sobre demencias, desde a básica á clínica e desde a molecular á social e psicolóxica. Na actualidade está formada polos seguintes grupos:

  • Grupo de Neuroloxía do IIS-Galicia Sur (NeuroSur).
  • Grupo de Investigación en Neurociencia Cognitiva da USC (NeuroCog).
  • Grupo de Investigación en Xerontoloxía da UDC (GIG).
  • Grupo de Enxeñería de Sistemas Telemáticos da UVigo (GIST).
  • Grupo de Enfermedades Psiquiátricos do IIS-Galicia Sur (GEP).
  • Grupo de Psiquiatría Clínica, Psiquiatría Social e Psicoterapia da USC (Psiq).
  • Grupo HealthyFit do IIS-Galicia Sur (HealthyFit).
  • Grupo de Investigación en Ciencias do Deporte da UDC (INCIDE).
  • Grupo de Dependencia, Xerontoloxía e Xeriatría da USC (DEPENDENCIA).

Galería


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar