facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

II Curso de atención e intervención multidisciplinar en demencia

19/10/2018

A Sociedade Española de Psicoxeriatría e a Rede Galega de Investigación en Demencias, coa colaboración da Federación Alzhéimer Galicia, organizan o II Curso de atención e intervención multidisciplinar en demencia, que terá lugar os días 8 e 9 de novembro na sede da Fundación Barrié en Vigo.

Este curso, que conta coa acreditación da Sociedade Española de Psicoxeriatría, desenvolverase en horario de tarde, de 16 a 21, o xoves, mentres que o venres celebrarase en horario de mañá, de 9 a 14. Durante estas dúas xornadas, profesionais do ámbito sociosanitario e da investigación de Galicia e do resto de España, farán un percorrido polas diferentes áreas de intervención no alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas.

A inscrición está aberta, sendo gratuíta para membros da SEPG e de REGIDEM e para estudantes. Doutra banda, o custo de inscrición xeral é de 150€, mentres que para Residentes é de 100€. Pódese realizar en https://ibsal.es/es/formacion/apuntate-a-nuestros-cursos e para máis información pódese contactar no email jlmusa@icloud.com

Adxuntos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar