facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

III Andaina Solidaria co Alzhéimer de AGADEA no Concello de Riveira

26/7/2018

AGADEA organiza un ano máis a súa Andaina Solidaria co Alzhéimer, que na súa terceira edición terá lugar o vindeiro 24 de agosto. Esta actividade está dirixida a todos os públicos, dende nenos a maiores, e transcorrerá, entre o lusco e o fusco, nun entorno privilexiado do Concello de Riveira.

A Andaina, que ten como obxectivo face visibles as necesidades das persoas con alzhéimer e sensibilizar sobre a situación que se xera na contorna familiar, terá como punto de partida a Praza do Concello de Riveira, onde se dará a saída ás 21h. O percorrido, dunha dificultade media-baixa, será de 10 km.

Ademais, para todas aquelas persoas que non participen na Andaina, a asociación organiza na Praza de Pablo Neruda a proxección da película de animación "Arrugas".

A inscrición xa está aberta ata o vindeiro 22 de agosto, cun custe de 2 euros. Pode facerse de maneira presencial no Centro de Día de AGADEA en Riveira, ou a través de whatsapp, no teléfono 672705053. Ademais, a información sobre o regulamento e o percorrido da Andaina está dispoñible na páxina web da asociación www.agadea.org

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar