facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Aberta a inscrición ó II "Curso superior de atención especializada na enfermidade de Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas” de AGADEA

23/4/2018

AGADEA organiza a segunda edición do seu “Curso superior de atención especializada na enfermidade de Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas”, dirixido a profesionais e estudantes do sector sociosanitario.

O curso, que se desenvolverá entre o 7 de maio e o 19 de xuño, será presencial e incluirá 150 horas teóricas e 120 horas prácticas nas diferentes localizacións onde AGADEA realiza as súas actividades (Ribeira, A Estrada, Santiago de Compostela e Vedra).

A inscrición xa está aberta ata o vindeiro 27 de abril. Para realizala é necesario enviar a ficha de inscrición e o recibo do pago do curso ao correo electrónico curso@agadea.org. Máis información do curso no dossier adxuntado.

Adxuntos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar